AMANITA RUBESCENS
COGOMELO DO VIÑO
Forma, o sombreiro ó primeiro é convexo e despois aplánase, o pé remata
nun groso bulbo recuberto por escamas, ten un anel péndulo. Pode chegar
a medir ata 20 cm. Cor exterior, o sombreiro é de cor parda rosada,
o pé é esbrancuxado ou avermellado e o anel de cor gris ou avermellada.
Cor interior branca ó primeiro, despois faise rosada e á fin vermella.
Comestible, excelente pero moi cociñada se non resulta hemolítica. Atópase
en todo tipo de bosques. |